14 oct 2013

Declaración universal de principios musicais

Espertas e pensas,
que sempre escoitas o mesmo nas festas,
que a calidade non se merca
e que tes eses catro acordes metidos na testa.

A cantidade
nunca casou ben coa calidade.
E a repetición
nunca foi amiga íntima da variade.

Eu non quero os teus contratos,
nin a túa merda.
Eu só quero
que veñas connosco de festa.

Non quero o teu playback,
nin o teu salario,
para que logo me veñas co conto
de que te cegan as luces do escenario.

Todo isto, depende moito dos cartos,
ou incluso de quen sexas fillo.
por iso nós sempre seremos:

Outra vaca, no noso millo.

No hay comentarios: